Ya han firmado 9. Ayudanos a llegar a 100 firmas.
9%
Dirigido a Concello de Quiroga, concello.quiroga@eidolocal.es; Servizo de Sanidade Ambiental do SERGAS, innovacion.xestion.saudepublica@sergas.es.
Este verán, unha vez máis, o Concello de Quiroga, concretamente a parroquia de Vilarmel, viuse invadida por unha praga de pulgas. Os insectos, que castigan aos habitantes desta localidade quiroguesa con dolorosas picadas, supoñen un grave problema de saúde pública, xa que poden ser transmisores de numerosas enfermidades, desde dermatites até graves infeccións.
Algúns veciños quéixanse do desdeixo das autoridades municipal e autonómica ante este grave problema, utilizando algún as redes sociais para difundir a realidade da súa situación. Por iso, desde Piratas de Galicia pedimos unha solución para que, no que resta deste ano e para o ano que vén, isto non se volva repetir.
Publicado por Piratas De Galicia
17 de septiembre de 2014
Cuéntaselo a tus amigos
Comentarios de apoyo