Os abaixo asinantes, comerciantes e residentes no entorno da praza de abastos Nª 2 de Ourense, ante a demora de anos na súa reapertura, demandan a mesma o antes posible e dunha vez por todas, con función como mínimo de centro comercializador de alimentos de calidade.
Como veciños, vemos como evidente e así llo transmitimos o Concello, que o peche da praza esté a afectar moi negativamente á economía da zona, levando ó peche de negocios, algo sempre dramático.
Como ourensáns, lamentamos a inutilidade dos millóns investidos nas obras e a oportunidade perdida que, para o turismo na cidade suporía rentabilizar una praza de abastos da ponte, modernizada.
Por iso demandamos ós nosos representantes que poñan fin a súa inactividade neste problema e prioricen a solución dunha cuestión tan relevante para a vida da cidade.