Ante a disconformidade dun gran número de alumnos e alumnas cos exames oficiais realizados nas materias: Estados Contables (G3071322) e Análise de Estados Financieiros (G3071327) da carreira de ADE da Universidade de Santiago de Compostela, decidimos expoñer ante o Decanato unha serie de puntos nos que nos gustaría poder atopar algunha solución.
1' As notas de evaluación contínua presentan enormes diferenzas dun profesor a outro, con graos de dificultade nas probas que distan por riba de lóxica. Por elo, como mínimo sería interesante a opción de poder ir sobre 10 ao exame final, ademais de unificar os criterios de evaluación dos distintos docentes na evaluación continua.
2' PUNTO BÁSICO DESTE ESCRITO: O nivel esixido nos exames oficiais dista bastante do impartido tanto nas clases expositivas coma nas interactivas. En especial o da convocatoria de Maio deste ano 2015, onde a dificultade da teoría, pero sobre todo da práctica, parecían propios dun exame doutra asignatura que non viramos nunca antes.
3' Ao ser exames nos que é preciso realizar moitos cálculos utilizando moitas fórmulas, é de gran axuda ter un folio en branco no que poder discurrir as solucións aos problemas plantexados. Dito folio non se proporciona ao alumnado. asímismo, o espazo para contestar ditas preguntas resulta moi escaso.
4' Por último, o tempo que se dá para realizar os exames comparándoo coa dificultade dos mesmos non é suficiente.
Consideramos que a alta porcentaxe de suspensos en ambas asignaturas ano tras ano non é un problema exclusivo do alumnado (75-90% de suspensos en cada convocatoria) senón que algo máis falla.
Asímesmo, esperamos que se consiga unha solución conxunta. Estamos dispostos a escoitar solucións.
Un cordial saúdo.